18/04/18

As librerías colaboran


As librerías de Moaña, un ano máis colaboran connosco no fomento da lectura nas familias. Está aberta a exposición na biblioteca do cole cos novidosos fondos que nos emprestaron por uns días. Este ano , no proxecto Traballa que traballa, parécenos moi importante poñer en valor o traballo dos libreiros e libreiras que nos orientan e dan a coñecer novas lecturas.
Este curso participan La papelería, Alborada e  Nobel O Pontillón.
A exposición pode visitarse de 4 a 5.30 da tarde, ata o xoves 19 de abril.


13/04/18

Biblioteca viva, escola viva

Hoxe xoves e mañán venres estánse a celebrar os Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares

Estes encontros, que reúnen a mais de 600 docentes responsables de bibliotecas escolares,  teñen como obxectivo a formación en base as experiencias que aportan diferentes expertos en temas como: a lectura, o traballo por proxectos, o fomento da investigación.

O noso centro estará alí representado pola responsable da nosa biblioteca escolar, que ademais foi invitada a expoñer a nosa experiencia . O título da súa charla é :
" Unha biblioteca LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe): “Biblioteca viva, escola viva” 

12/04/18

Un mar de poesía con García Teijeiro

Todas as emocionadas espectativas se cumpriron onte coa visita do premiado , recoñecido e querido poeta:

11/04/18

García Teijeiro no cole!!!!

Hoxe temos unha visita moi especial:
Estamois moi emocionados!!

07/04/18

O mellor conto do mes, a mellor poesía do mes

Ao comenzar o ano, na aula de 6º de Educación Infantil escollen o mellor conto do mes e a mellor poesía do mes. A selección faise entre aqueles poemas e contos que leron na clase.
Estos son os escollido do mes de marzo:

OS TIGRES XA ESCOLLEMOS O  CONTO E A POESÍA FAVORITOS DO MES DE MARZO.AQUÍ ESTÁN. 


02/04/18

2 de abril, Día Internacional do libro Infantil

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha data que promove a organización internacional para o libro Xuvenil IBBY , en homenaxe ao nacemento de Hans Christian Andersen.
 Cada ano un país  é recoñecido pola a súa literatura difundindo a celebración cunha ilustración e un manifesto. Neste ano 2018, Letonia foi elixido como sponsor, redactando o texto  a escritora, poeta e editora Inese Zandere, recoñecida tamén polas súas propostas en favor da promoción da lectura  e o ilustrador Reinis Pêtersons que deseñou este atractivo cartel.

31/03/18

Antonio García Teijeiro en 1º e 2º

No mes da poesía nas aulas de 1º e 2º estiveron lendo e recitando poemas de Antonio García Teijeiro. Aquí os vemos:




24/03/18

Mes da poesía no club de lectura

    Xa estamos en marzo, o mes da poesía, e este ano en Quintela dedicámosllo  a Antonio García Teijeiro, recente gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co seu libro "Poemar o mar".
    Os clubs de lectura de 5º e 6º  tivemos unha xuntanza especial na que recitamos e ilustramos algúns dos seus poemas.Foi unha actividade moi bonita e, como nos soubo a pouco, decidimos que queremos compartila co resto do cole, pero... terá que ser á volta das vacacións!

    Aquí vos deixamos unhas fotos:







FELICES VACACIÓNS E FELICES LECTURAS!


21/03/18

Día da poesía

No día da poesía homenaxeamos a Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de literatura Infantil 2017. Un poema e unha flor para compartir coa familia:


20/03/18

O traballo nas plataformas petrolíferas

O luns na clase de 6º de Infantil recibiron a Fran, o pai dunha alumna. 
É soldador nun barco e o seu traballo consiste en soldar os tubos polos que se transporta o petróleo que extraen do fondo do mar nas plataformas petrolíferas.
Trouxo fotos dos barcos , de como soldan e como van soltando os tubos no mar. Mostroulles tamén algunhas das ferramentas que emprega.







MOITAS GRAZAS!

15/03/18

Aprender a investigar sobre as mulleres en 4º curso

O alumnado de cuarto curso, na materia "Aprender a investigar", fixo unha investigación sobre varias mulleres importantes na nosa historia. Este é o resultado do seu traballo.



14/03/18

DÍA DA MULLER POLO ALUMNADO DE 5º CURSO

Nestas últimas sesións de Tic's, os nenos e nenas de 5º de primaria estiveron facendo un traballo sobre as mulleres e o que inventaron.
Resumiron e fixeron nun Moldiv coa información recollida. 
Aquí deixamos o resultado de todos os traballos.


12/03/18

A presidenta da Comunidade de Montes de Moaña na biblio

Hoxe recibimos a visita da Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña, Belén Couso. Acompañábaa Xulio e os dous contáronnos como coidan os montes de Moaña para que todos e todas poidamos visitalos e sentirnos orgullosos. Podan , desbrozan, limpan, plantan,...son moitas as tarefas que desenvolven. Así podemos evitar que os incendios os destrocen.
Nós entregámoslles os carballos que estivemos coidando desde o outono. Sementamos landras porque queremos un monte cheo de árbores, non de cinza.
MOITAS GRAZAS!!!


05/03/18

Chove para que os tigres soñen

Na aula dos tigres aprenderon un poema de  UXÍO NOVONEYRA  e fixeron a súa propia versión: 



26/02/18

Os martes contamos nós en 6º de Infantil

Na clase de 6º de Infantil tocoulle a Ancor contar o conto. Elixíu un conto dos pelelliños , de Anxo Fariña, que fixo as delicias de todos e todas.O pelelliño gato:





...E como lles gustou tanto puxéronse a debuxar pelellinos. Mirade que ben quedaron!


Moitas grazas Ancor!

















 E COMO NOS GUSTOU TANTO, CANDO REMATOU PUXÉMONOS  A DEBUXAR PELELLIÑOS
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...